|
O 18 de
maio conmemórase o DIM, o Día nternacional dos Museos. Desde o o
martes 18, e até o domingo, 23 de maio, a entidade conta cunha
programación especial para celebrar esta data.
Tras o
peche do ano pasado durante o confinamento e unha reapertura
marcada polas medidas para garantir a seguridade das persoas, os
museos atopáronse con salas case baleiras. A reducción da
mobilidade e a prudencia ante a pandemia, tivo serios efectos sobre
a afluencia do público a estes espazos. Aínda así, as entidades
mantiveron a actividade usando as ferramentas dispoñibles, como as
dixitais e imaxinando novos xeitos de seguir conectados cos seus
públicos. Como se dí no manifesto que conxuntamente asinan os 9
museos que forman o DIMCompostela, "Imaxinamos para
seguir creando estímulos nun momento complicado, facendo posible o
encontro e as experiencias significativas ao redor do patrimonio
noutros espazos "museais", usando as tecnoloxías dixitais
(...). Agora, un ano despois, imos recuperando a experiencia
física, o deambular entre os obxectos tantas veces vistos nas
pantallas, a interacción entre usuarias e profesionais en
actividades off-line, o encontro "con pel".
Para
esta edición do DIM, o Museo do Pobo Galego, como outros museos do
pais, ten prevista actividades con fórmula mixta,
presencial e dixital.
|